Thursday, November 28, 2013

axudas a deportistas ourensáns cualificados

A Deputación de Ourense convoca as axudas a deportistas ourensáns cualificados, cunha dotación de 25.000 euros

Ata o próximo 23 de decembro atópase aberto o prazo de solicitudes da convocatoria por parte da Deputación de Ourense de concesión de subvencións a "Deportistas cualificados ", correspondente o exercicio de 2013, que poderán solicitar os deportistas de disciplinas individuais que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da provincia número 268, do 22 de novembro de 2013 , cunha dotación económica global de 25.000 euros, e cunha contía máxima por cada beneficiario de 3.000 euros.
O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación de Ourense para a tramitación, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.
Na pasada edición de 2012 beneficiaronse da convocatoria 60 deportistas ourensáns distribuidos en catro grupos en funcións das súa categoría e nivel deportivo.
Esta iniciativa da Deputación de Ourense cumpre 25 anos e constitúe unha línea de axudas esperada e moi valorada polo deporte ourensán.
En la temporada anterior los Jinetes y amazonas que han obtenido las ayudas son :JUAN FRANCISCO FERNANDEZ MUÑOZ-EUGENIA LORENZO-AITOR MANSO-YAGO BLANCO.

V COPA DEPUTACION DE OURENSE DOMA CLASICA por Equipos 2021

La V Copa Deputacion de Ourense de Doma Clásica ,organizada por el Club Deportivo Ecuestre de Ourense,Federación Hípica Gallega y Diputació...